D esde Asime, en colaboración co Igape, convídase aos centros educativos galegos a participar no programaTecnolóxicas.

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Industrias do Metal de Galicia dende o ano 2022, busca fomentar vocacións tecnolóxicas e industriais entre a xente nova, especialmente entre as nenas e rapazas.

Unha das áreas de actuación clave do proxecto é desenvolver accións de sensibilización e divulgación en centros educativos de toda Galicia, achegando o mundo STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) ao alumnado dunha forma práctica, accesible e motivadora.

Qué ofrece Tecnolóxicas aos centros educativos

Charlas dinámicas e talleres prácticos gratuítos:

  • Deseña o teu videoxogo para cambiar o mundo
  • Enxeñeiras do futuro: deseño 3D
  • Descobre a Intelixencia Artificial
  • Programa a túa primeira experiencia interactiva
  • Deseña un chatbot con IA
  • Creadoras de tecnoloxía: deseña o teu avatar STEAM

Para o alumnado de Bacharelato e FP, planificaranse visitas a empresas, centros de innovación ou Universidades

  • Para que coñezan que estudos poden cursar e o tipo de traballos e empresas aos que poden optar no seu futuro laboral.

Estas actividades teñen un enfoque práctico e participativo, orientado a:

  • Espertar vocacións tecnolóxicas desde idades temperás
  • Romper estereotipos de xénero asociados ao ámbito industrial e tecnolóxico
  • Mostrar oportunidades profesionais reais na súa contorna

As sesións, completamente gratuítas, serán impartidas por profesionais do sector e adaptaranse á dispoñibilidade do centro.

Para que alumnado está dirixido

  • Alumnado a partir de 4º de Educación Primaria e ESO: talleres prácticos con contidos adaptados a cada nivel educativo a elixir entre as temáticas detalladas anteriormente.
  • Alumnos/as de Bacharelato e FP: visitas a empresas, centros de innovación ou Universidades da contorna.

Cómo participar co teu centro

Se estás interesado/a en participar co teu centro ou desexas recibir máis información, contacta co equipo en formacion@asime.es ou por teléfono no 986 410 727.

¡Agardámosvos en Tecnolóxicas!