Dende Asime, en colaboración co Igape, ofértanse cursos online 100% gratuítos para mulleres que queiran impulsar a súa carreira profesional a través da dixitalización.

Esta iniciativa, impulsada pola Asociación de Industrias do Metal de Galicia dende o ano 2022, busca fomentar vocacións tecnolóxicas e industriais, especialmente entre as mulleres, para combater así a brecha de xénero existente no sector industrial e tecnolóxico.

Unha das áreas de actuación clave do proxecto é desenvolver accións de formación para mulleres, achegándoas ao mundo STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) dunha forma práctica.

Neste contexto, Tecnolóxicas oferta 4 cursos e talleres online que arrancan a semana do 4 de maio, coincidinco coa Tecnolóxicas Week, unha semana temática que percorrerá toda Galicia con diversas actividades para todas as idades.

Cursos para mulleres

Mulleres en Tech: Python desde cero

Simplifica os teus trámites dixitais

Autodefensa dixital na era da IA

IA para impulsar a túa carreira profesional